Terreo, xeralmente cercado, que adoitan ter as igrexas ao seu redor ou ben diante delas
Etimoloxía
Vocábulo que nos leva ao do latín atrium que significaba ‘patio’.
Exemplos *
“Oliveiriña do adro / bota ramiños de prata; / tomar amores non custa, / olvidalos é que mata.” (José Augusto Ventín Durán: Fraseoloxía de Moscoso e outros materiais de tradición oral (ed. de Xesús Ferro), 2007)
“Onde foches Joseíño / este domingo pasado / os meus ollos non te vino / dentro das portas do adro.” (Dorothé Schubarth e Antón Santamarina: Cancioneiro popular galego. VI. Coplas diversas, 1993)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


