aduanada

Acción realizada por diversión que pode causar prexuízo, molestia ou trastorno

Etimoloxía

Palabra de orixe descoñecida

Exemplos *

“Deu na teima de parar toda a obra do varadoiro, de desbaratar aquela grandísima aduanada, e de salvar aquel pouco que puidese haber de praia, o pouquecho que aínda quedaba dela, por derramada que estivese.” (Manoel Riveiro Loureiro: Corpo canso, 1993)

“En recompensa polo teu bo corazón perdóoche tódalas aduanadas que me fixeches ata hoxe.” (Carlo Collodi: As aventuras de Pinocchio,(Antón Santamarina, tradutor), 1997)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.