Conxunto de condimentos que se lle bota á carne ou a outros alimentos para conservalos e darlles sabor
Etimoloxía
Voz que se relaciona con “adobar” que vén do francés antigo adober 'armar cabaleiro', e este vocábulo remite ao franco *dubban 'empurrar', 'golpear'.
Exemplos *
“Non faltaban, xaora, patacas enteiras das da casa, garavanzos e grelos da Peregrina. A seguir, un cabrito que estivera en adubo unha noite enteira e a proba de dous coellos do monte, todo iso con patacas fritidas.” (Xavier Senín: O alfaiate portugués, 2016)
“Seca e doura os anacos do faisán na tixola e ponos nunha tarteira cunhas cebolas, cenorias e co adubo coado, cubrindo todo o guiso con caldo de carne.” (Fausto Galdo: Abecedario das mantenzas, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.