adufe

Instrumento de percusión de orixe árabe semellante ao pandeiro.

Etimoloxía

Procede do árabe ad-duff ‘pandeiro’.

Exemplos *

“… cantaron entón as mulleres confluíndo co cortexo a bater en adufes e tambores que evocaban a treboada e parecía quereren acordar as xentes defuntas …” (Xosé Luís Méndez Ferrín: Estirpe)

“Os ollares churrusqueiros son mans a bater no adufe que anda a soar no meu peito.” (Florencio Delgado Gurriarán: Galicia infinda)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.