adulto, -a

Ser vivo que chegou ao termo do seu crecemento

Etimoloxía

Termo que procede do latino adultus, -a de significado semellante.

Exemplos *

“Converterse en muller é converterse en adulto. Certamente recoñezo que non teño présa ningunha. Ademais, paréceme bastante perigoso ser adulto.” (Xela Arias: Non te amola, 2021)

“Estes alumnos _tanto os castelán falantes como os galego falantes_ hoxe son persoas adultas e profesionais en distintas áreas; algúns deles son novos profesores de matemáticas.” (Xulián Maure: O Xornal de Galicia, 15-11-2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.