Meteorito formado por material rochoso
Etimoloxía
Vocábulo que se forma coa suma das partículas de orixe grega aero- que fai referencia ao 'aire' ou á 'atmosfera' e -lito que significa 'pedra'.
Exemplos *
“—Cal é o diámetro dese aerólito? —preguntou o profesor.
—Aproximadamente dunhas vinte catro millas —respondeu Lugal—. Non resulta moi fácil de calcular, ó non ser perfectamente esférico.” (Xoán Bernández Vilar: Big-Bang, 1996)
“Así, son símbolos de mau agoiro algúns que teñen a ver con manifestacións cósmicas, como a visión de estrelas erradías que, ás veces, como acontece con certos aerólitos, se interpretan como unha ánima en pena.” (Vítor Vaqueiro: Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres, 2011)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


