aeronáutica

Ciencia e técnica da construción e utilización de aparellos de navegación aérea.

Etimoloxía

Tomámolo do francés, que o creou por combinación de dous elementos de orixe grega: aero ‘aire’ e nauta ‘navegante’.

Exemplos *

“Antes de voar fóra das garras da superficie terrestre, os astronautas candidatos pasan varios anos de exhaustivo adestramento. Deben converterse nunha especie de enciclopedias ambulantes con coñecementos sobre aeronáutica, enxeñaría, informática, medicina, meteoroloxía, psicoloxía, mecánica …” (Xurxo Mariño: Po de estrelas. Novas receitas científicas de Os dados do reloxeiro)

“Estaba moi interesado na aeronáutica, dende que unha avioneta avariada marabillou a todos, aterrando no agro. Pero, sobre todo, velaba os paxaros.” (Bieito Iglesias: Vento de seda)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.