aeroporto

Conxunto de instalacións necesarias para atender a chegada, partida e mantemento de aeronaves ou avións.

Etimoloxía

O vocábulo é unha creación produto da combinación do prefixo aero– do grego aer, aeros 'aire' e o substantivo porto que procede do étimo latino portus, –us 'lugar de refuxio'.

Exemplos *

"No aeroporto aliñábanse as naves espaciais, dispostas para a viaxe camiño de Nadir, coas súas adegas cargadas de tesouros." (Lois Fernández Marcos: Galaxia lonxana)

"A precipitada decisión da miña viaxe non me permitira ir de compras, e nas tendas de recordos no aeroporto non se vendían plantas cactáceas ou crasas." (Úrsula Heinze: Culpable de asasinato)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.