afago

Acción e efecto de afagar

Etimoloxía

A voz procede do verbo “afagar” que bebe do árabe hálaq que se cre que primeiro tiña a acepción ‘alisar’ que logo pasou a ‘acariñar’.

Exemplos *

“Beneficiarnos dos seus favores entregándolle as nosas palabras, a nosa dignidade, todo. E se temos que recorrer ao afago, á caricia, converternos en loamiñeiros dos poderosos, non debemos renunciar á nosa sorte. Vívese mellor do lado dos que mandan.” (Xosé Carlos Caneiro: Un xogo de apócrifos, 1998)

“Ela desfíxose en afagos, e por suposto conseguiu colocarme unha garrafa.” (David Conde: Hai santos que non queren ir ao ceo, 2016)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.