afán

Traballo moi activo.

Etimoloxía

Pese a non haber unha orixe clara, o máis probable é que proveña do latín vulgar afanae 'esforzo, traballo agrícola', tomado á súa vez do grego, no que tiña o sentido de 'cousa escura'.

Exemplos *

""Dar a cada tempo o seu afán"… que vén ser: "tódalas cousas queren o seu tempo". E vós teredes un tempo para traballar e outro para o solaz." (Lalo Vázquez Xil: A da alba sería)

"Cando algún dirixente político sinala que Non todo vai ser política, igualando o contido deste vocábulo ao lema Non todo vai ser fútbol que tanta sona tivera non hai moitos anos, está a degradar o seu labor e o afán de tantas persoas por faceren respectable un xeito de organización colectiva para a procura do ben común…" (Goretti Sanmartín Rei: Nos camiños do entusiasmo. Calidade da lingua e planificación)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.