Que sente inclinación ou gusto por algo ou alguén
Etimoloxía
Participio do verbo 'afeccionar' que á súa vez remite ao substantivo 'afección' (do latín affectione).
Exemplos *
“Os auténticos afeccionados saben que o fútbol se degusta verdadeiramente no estadio.” (Miguel Vázquez Freire [entrevista]: Tempos Novos, 7-2018)
“A medida que nos fomos modernizando, afortunadamente cada día hai máis afeccionadas a este deporte de masas que viven, como se fose seu, o triunfo ou mesmo a derrota do seu equipo.” (Rebeca Fernández: Galicia Hoxe, 1-2-2005)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


