Que sente inclinación ou gusto por algo ou alguén.
Etimoloxía
Participio do verbo 'afeccionar' que á súa vez remite ao substantivo 'afección' (do latín affectione).
Exemplos *
“Eu daquela xa era médico e un grande afeccionado ó futbol.” (Xesús Flores e Xosé Mejuto: Historia do Deportivo)
“O dianteiro abalanzouse contra un afeccionado e deulle patadas.” (O Correo Galego, 25/2/1995)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.