afecto

Sentimento de cariño, simpatía

Etimoloxía

Termo que procede do vocábulo latino affectus, -us ‘paixón’, ‘bo ánimo’.

Exemplos *

“O afecto é miña nai axeitándome o edredón por enriba dos ombreiros mentres durmo.” (Sara Alonso Vila: Oito días sen Eva Cortes, 2021)

“Próximas á amizade construímos outras relacións de afecto como o compañeirismo ou o aprecio; pero estes vínculos non teñen nin a intensidade nin a permanencia da amizade.” (Chis Oliveira e Amada Traba: Ám@me. Pensar o amor no século XXI, 2018)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.