Punto na órbita dun planeta ou de calquera corpo que marca o seu máximo afastamento do Sol
Etimoloxía
Termo procedente do latín científico aphelium que se forma coa partícula grega aph- ‘lonxe de’ e o nome helios ‘sol’, grego tamén.
Exemplos *
“A órbita da Terra ó redor do Sol é tamén elíptica, cunha excentricidade de 0,017. Entre perihelio e afelio hai unha diferencia de só un 4%, mentres que é dun 13% entre erixeo e apoxeo.” (Gabriel Rosón Porto e Ramiro A. Varela: Manual de oceanografía física descritiva, 2002)
“Por outra banda, a excentricidade das órbitas cometarias é considerabelmente maior que as dos planetas, de xeito que un cometa que no perihelio pode atoparse a menos de 106 km do Sol, no outro extremo, no afelio, pode chegar a distar varios miles de millóns de quilómetros do Sol.” (Ramón Vilalta López: Astronomía práctica e outras cousas, 1999)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.