afialapis

Instrumento con que se lles fai ou aguza a punta aos lapis.

Etimoloxía

Formouse coa combinación do verbo afiar (derivado do latín filum, ‘fío’) e lapis (do latín lapis, ‘pedra').

Exemplos *

"… máquinas de clasificar, contar ou encartuchar moeda, afialapis, perforadoras ou grampadoras." (Instituto Galego de Estatística: Nomenclatura do arancel integrado comunitario)

"… esparexeu unha por unha as cores, as minas do portaminas que abriu, quitou o afialapis do estoxo e, cun bolígrafo nunha man, fai espirais concienzudamente na cuberta dun deses caderniños de caligrafía." (Miguel Anxo Murado: Mércores de cinza)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.