Persoa que recibiu o bautismo, en relación cos seus padriños / Persoa protexida por outra
Etimoloxía
Substantivación do participio do verbo “afillar” que, á súa vez, vén do latín tardío affiliāre, derivado do latín filius 'fillo'.
Exemplos *
“Nosa Siñora da Grela / ela é miña madriña / eu son afillada dela .” (Dorothé Schubarth e Antón Santamarina: Cancioneiro popular galego. IV, 2 Romances novos, cantos narrativos, sucesos e coplas, 1988)
“A festa de San Sibrán / é festa de moitos ovos, / que regalan os padriños / ós afillados, en bolos.” (Domingo Blanco: A poesía popular en Galicia 1745-1885. Recopilación, estudio e edición crítica. Vol. I, 1869)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.