Cantar ou tocar nun ton debido.
Etimoloxía
Formouse a partir do adxectivo fino, probablemente influenciado polo francés affiner 'facer máis puro'.
Exemplos *
"Cruzou polo ar unha parella de vichelocregos. As calandras afinaron as gorxas …" (Hixinio Puentes: Aguillóns de Ortegal)
"Unha tardiña na que tocaba concerto, xa os grilos afinando as ás baixo o sol pexego, Carrapuchiña chegou a unha carballeira estrañamente tomada pola néboa." (Xabier López López: Biff, bang, pow! Novela case negra)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.