Ir para o fondo, penetrar no interior dun fluído.
Etimoloxía
Formouse sobre fondo, do latín fundus.
Exemplos *
"Ía tardar en afogar, pois o barco, máis que escorado deitado de estribor, non acababa de afondar." (Manoel Riveiro Loureiro: O patrón)
"… algúns apareceron aboiando, afogados, no mesmo lugar onde afondara o coche, mais outros viaxeiros tragounos a auga …" (Eduardo Prieto Casares: Folliñas que levou o tempo: contos da Ribeira Sacra)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.