Doenza da gorxa que provoca a perda temporal da voz
Etimoloxía
Cultismo que remite ao grego aphonía que significaba ‘perda de voz’.
Exemplos *
“Dentro, a discusión continuaba a berros, reiterativa como o son dunha fervenza. Só a afonía e o esgotamento de ambos marcou a fin da desputa.” (Xosé Antonio Moreno: O cable inglés/ As fotos, 1995)
“A min, xa nada podían facerme. Tiveron que darme hipnóticos para que non perdese a calma, apócemas misteriosas que sandaban a afonía e facían que o doente que berraba seguise tendo voz cando xa non tiña palabras.” (Teresa Moure: Herba Moura, 2007)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


