aforismo

Enunciado conciso e breve, que pode estar fixado ou non na forma e que resume un punto esencial dunha ciencia, filosofía, moral etc.

Etimoloxía

Palabra que vén do latín aphorismus ‘sentenza breve’ e que bebe do grego aphorismós ‘definición’.

Exemplos *

“Ás veces, a un sáltalle o resorte daquel aforismo de Nietzsche: "Virtudes públicas, vicios privados", pero no fondo sempre queda unha esperanza.” (Severino Penelas: Galicia Internacional, 2-1996)

“No aforismo adoita haber algo máis, unha vocación de que haxa algo máis, un mecanismo organizativo que nos obriga a entrar nun mundo de boas maneiras, un ritual de modais que lle confiren a cada momento un concepto de vida distinto e sempre aspirando a mellor.” (Luís Mariño: O Correo Galego, 3-5-1999)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.