aforrar

Diminuír o consumo dunha cousa

Etimoloxía

Creación parasintética que toma como base un antigo forro, palabra procedente do árabe hurr ‘libre’.

Exemplos *

“Aproveitando do que se serve por copa e do que queda nas mesas, pódense aforrar tres ou catro botellas por comida.” (Santiago Cortegoso: Casa O’Rei, 2010)

“Para aforrar en avogados mercara un código, como corresponde nunha sociedade de autoconsumo.” (Bautista Álvarez: Retallos daquela infancia / O cadáver, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.