Acción de aforrar (gardar diñeiro para telo en reserva).
Etimoloxía
É un derivado de aforrar, que se remonta ao árabe hurr ‘libre’. De aí pasou a significar tamén ‘sen obrigas’ e o verbo correspondente ‘sen pagar’.
Exemplos *
“Aforrar é cousa de pobres, quero dicir… o aforro leva á miseria. ¿Quen viu a un rico aforrar?” (Xurxo Borrazás: Na maleta)
“A palabra aforro dálle risa, pero anda para mercar un coche a medias co mozo, sempre e cando a familia bote unha man e haxa sorte.” (Diego Ameixeiras: Tres segundos de memoria)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.