Acción de aforrar.
Etimoloxía
Derivado regresivo do verbo aforrar 'economizar', inda que nun principio significaba 'sacar dun traballo' 'dar a liberdade', que se crea sobre forro que viría do árabe hurr, inicialmente 'nacer libre'.
Exemplos *
"Esta posta ao día vén ademais acompañada, como vimos, dun importante aforro enerxético e de menores danos ambientais." (Albino Prada Blanco: Chaves da economía pública galega)
"Esixirlle planos e campañas de aforro con medidas que garantan un uso eficaz, conxugando xestión e educación." (Ramsés Pérez Rodríguez: Guía da ecoloxía cotiá. Ideas e accións para un consumo sustentábel)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.