Disposición do espírito que leva a actuar ou a acometer calquera empresa sen temor aos perigos ou dificultades
Etimoloxía
Voz derivada sobre “afouto” que, á súa vez, nos leva a “afoutar” procedente do latín infatuare ‘trastornarse’.
Exemplos *
“Aquel home quedara parapléxico en plena mocidade, tiña que ter batallado xa cuns cantos demos. Valentina admirou a capacidade de refacerse daquel mozo, a súa afouteza para sorrir.” (María Oruña: O que marea esconde, 2021)
“Efectivamente aquelas historias eran unhas veces de medo e outras de afouteza e valentía, pero nunca soubo explicar, aquel home arrincado do seu entorno daquel xeito, o por que nin para que estaba alí disparando contra os outros.” (Julio Santos Pena: Ons no meu corazón. Vivencias de tres anos da miña vida como mestre na Illa, 2018)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


