agárico

Fungo da familia das agaricáceas, que vive como saprófito no solo e menos frecuentemente no toro das árbores

Etimoloxía

Termo culto que se crea no latín da ciencia agaricus que remite ao clásico agaricum ‘cogomelo’.

Exemplos *

“Como xa queda dito, as láminas dos agáricos en ocasións pódense uniren entre si por medio de tabiques, dando lugar a un himenio dividido en celiñas.” (Marisa Castro Cerdeda e Luís Freire García: Guía das setas ou cogumelos comestibles de Galicia, 1982)

“O culto ao carballo achábase fortemente implantado e para os celtas eran tan importantes o carballo e o agárico que a figura do druída ficou inserida con inmensa forza na cultura europea.” (Vítor Vaqueiro: Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.