agarimar

Tratar con cariño ou agarimo

Etimoloxía

Crese que se forma no latín vulgar *aggremiare que significaba ‘achegar ao colo’.

Exemplos *

“Son a gran teta ofrecida, / a gran boca que te agarima, / a man enorme en recollerte.” (Xela Arias: Darío a diario, 1996)

“O avó seguía sentado, caladiño (...). Eu achegueime a el case con medo de non o volver ver nunca máis e empecei a lle agarimar a man mirándolle para os ollos.” (Antón Dobao: Incertos / Valor de produción, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.