agarimo

Sentimento de afección, amizade, tenrura, simpatía etc., por alguén.

Etimoloxía

Deriva de agarimar, e esta pode que chegase desde unha forma do latín vulgar *aggremiare 'achegar ao colo', a partir de gremium 'colo'.

Exemplos *

"… aínda aniñaba a recompensa e a ledicia da súa compaña, da súa conversa amena e longa, do seu agarimo, que eran certos a amizade e o afecto que ela alimentaba." (Francisco Xosé Fernández Naval: Tempo de crepúsculo)

"Carlos Conde ollábao con visible agarimo, que deixaba ver a fonda -e longa- amizade que os unía." (Carlos G. Reigosa: Narcos)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.