Tratar ou acoller alguén con hospitalidade, mostras de cortesía e atención, regalos etc.
Etimoloxía
A palabra ten a súa orixe na gótica *gasalja que significaba ‘compañeiro’.
Exemplos *
“Quería agasallar a uns amigos, que se ían xuntar alí para celebrar o San Xoán cunhas boas sardiñas asadas, cun doce moi especial que levaba tempo construíndo e deconstruíndo, dándolle renda solta á creatividade culinaria do seu maxín.” (Santiago Pazos: Contos de taberna / Historias case verídicas, 2014)
“Quería agasallar á súa nora cunha gola de fío, ideal pra coser nunha chambra. Acabou por mercar a gola e un mantel pequeno de dous servizos, presentes carísimos pois estes zuriqueses non regalan nada.” (Bieito Iglesias: Contos da terra da tarde / 2.Venatoria suíza, 2011)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.