Acción ou cousa con que se agasalla.
Etimoloxía
Creado sobre o verbo agasallar que procede do gótico *gasalja que significa 'compañeiro'.
Exemplos *
"Darío estaba ao tanto dos continuos agasallos que Fausto me realizaba aproveitando calquera oportunidade tirada do calendario" (Xerardo AgraFoxo: O violinista de Malá Strana)
"Vaia agasallo de aniversario que che fago, eh, Demetrio, dicía, aínda te has queixar…" (Alejandro Tobar: Cremalleiras)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.