Doutrina que considera que o entendemento humano non pode coñecer aquilo que está máis aló da experiencia por non ter unha realidade obxectiva que se poida verificar, particularmente a existencia de Deus.
Etimoloxía
Procede do inglés agnosticism, creado no século XIX a partir do grego gnosis ‘coñecemento’, co prefixo a- ‘sen’.
Exemplos *
“A filosofía perenne, polo contrario, sostén a existencia dunha verdade absoluta, inmutable, obxectiva, non relativa, cambiante e subxectiva. E, en contra do agnosticismo, afirmará que a verdade, incluso a metafísica ou suprasensible, é accesible á razón humana.” (Xosé Alvilares: Memorial de agravios)
“O deísmo non estaba moi lonxe do agnosticismo e, incluso, dun ateísmo avanzado.” (Emilio Valadé del Río (trad.): Ernst Mayr: Historia do pensamento biolóxico)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.