Perder a humidade unha planta, herba, froito ou calquera tipo de colleita por efecto da calor
Etimoloxía
Palabra creada sobre “agosto” que vén da expresión latina mensis augustus dedicado a Augusto, fillo adoptivo de Xulio César.
Exemplos *
“O sol agostaba as plantas á beira dos camiños, e entre a preguiza que todo o enveleñaba só se movían os paxaros que caían no po mortos pola insolación e a sede.” (Xesús Manuel Marcos: Terra queimada/ Carteiro, 1997)
“A sequía agosta a abundancia, agosta o froito — voltou a dici-lo dono do bar.” (Arturo Romaní: Barlovento, 1992)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.