agra

Grande extensión de terra de cultivo dividida en leiras ou agros que pertencen a distintos donos

Etimoloxía

Vocábulo que chega do latín agru ‘campo’ ou ‘terreo’.

Exemplos *

“Chegou o verán e trouxo con el a codorniz, que repartiu os niños polas agras de centeo.” (Bautista Álvarez: Retallos daquela infancia / O Paspallás, 2013)

“Corrían a través de agras e labradíos, carreiros e corredoiras que nin o demo os perseguise.” (Henrique Dacosta: Unha mada de doce relatos / Sementeira, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.