ágrafo, -a

Que non sabe ou é incapaz de escribir / Que non posúe escritura

Etimoloxía

Termo culto que procede do grego ágraphos.

Exemplos *

“O ancián Kurtz sabe que aqueles rapaces fortes e ágrafos miran para el e mais para a súa muller como titulares de tarxetas de crédito e posuidores de aparellos electrónicos domésticos de venda rápida.” (Jaureguizar: Cabaret Voltaire, 2005)

“É sabido que nas antigas ofrendas, sacrificios ou ritos en xeral dos pobos ágrafos, a acción ritual efectuaba unha determinada modificación física ou simbólica no «material», que se ía consagrar ou elevar a unha dimensión numinosa ou relixiosa.” (Manuel Cabada Castro: A rapa das bestas de Sabucedo, historia e antropoloxía dunha tradición, 1992)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.