agrandar

Facer que algo sexa ou pareza máis grande do que é

Etimoloxía

Vocábulo que mediante sufixación e prefixación sobre o adxectivo “grande” que vén do latín grandis ‘grande’, ‘sublime’ ou ‘idade avanzada’.

Exemplos *

“As laparadas oscilantes facían encoller ou agrandar as sombras dos sencasa nas paredes do túnel.” (Marilar Aleixandre: A Compañía Clandestina de Contrapublicidade, 1998)

“Por todo iso, non tiñamos dúbida de que a man do home estaba detrás de todos os acontecementos vividos nos últimos meses, nos últimos anos, acontecementos que non facían outra cousa que agrandar o temor, a suspicacia e o desconcerto entre a poboación.” (Pemón Bouzas: A voz do vento, 2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.