Froito, en particular a uva, sen acabar de madurar.
Etimoloxía
Apúntase como probable que proceda dunha suposta forma latina acraceum, formada a partir de acer 'agre'.
Exemplos *
"O caso que me aconteceu onte merece ser destacado coma un episodio magnífico entre os formidables, aínda que o desenlace deixoume co retrouso agraz dos empates na casa." (Diego Ameixeiras: Tres segundos de memoria)
"Madurecer é camiñar cara a unha nova, inacabada perfección. Intento dicir con esto que a persoa, como tal persoa, endexamais deixa de ofrecer unha tona agraz e, por eso mesmo, sempre oculta algo acedo …" (Domingo García-Sabell: Os gromos do pensamento)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.