Funcionario diplomático que desempeña funcións especiais nunha embaixada.
Etimoloxía
Procede do latín aggregatus, participio do verbo aggregare 'xuntar, agregar'.
Exemplos *
"Pregunto por Xoán González-Cebrián Tello, coruñés, diplomático de carreira e actual agregado da chancelería." (Luís Menéndez Villalva: Toda a terra é dos homes. Galegos no mundo)
"Os seus vínculos políticos naceron na Escola das Américas, en Panamá, e reforzáronse en Wáshington, onde exerceu como agregado militar na Embaixada de Bolivia nos Estados Unidos." (Javier Aliaga: O Correo Galego 2002-05-06)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.