agresión

Ataque brusco e violento contra unha persoa

Etimoloxía

Palabra que bebe da latina aggressio, -onis de significado semellante.

Exemplos *

“(...) estes tres anos e medio de lexislatura en materia lingüística, para el, o período de maiores agresións á lingua galega desde a chegada da autonomía.” (Olalla Rodil: Sermos Galiza, 21-9-2012)

“O delegado do Goberno para a Violencia de Xénero tamén falou onte das agresións ás mulleres.” (M. Tojo: Galicia Hoxe, 17-11-2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.