Que agride
Etimoloxía
Voz que vén do latín aggressor, -ōris de significado semellante.
Exemplos *
“Afástate do agresor todo o que poidas e busca axuda ou apoio.” (AA.VV: Recoñecer, actuar e restaurar. Manual básico para afrontar as violencias machistas, 2024)
“O agresor da súa irmá, que non era o furtador, tivo que realizar a súa canallada no intervalo entre as sete e media e as oito, hora en que el chegou á vivenda e achou a Rosalía ferida.” (Román Raña: O crime da rúa da moeda vella, 1993)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


