Botar gromos unha planta.
Etimoloxía
Este verbo formouse sobre o substantivo gromo, que procede do latín grummu, en principio 'morea de terra'.
Exemplos *
"Os carballos, entrado marzo, dábanse a agromar e cubrirse de folla." (Xosé Avilares: Memorial de agravios)
"Era terra vizosa, de fartura, onde axiña criaron as especies, agromaron as árbores aquelas e medrou a herba feliz." (Víctor Fernández Freixanes: O triángulo inscrito na circunferencia)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


