agronomía

Ciencia que estuda as relacións entre as plantas cultivadas, o solo, o clima e as técnicas de cultivo

Etimoloxía

Préstamo do francés agronomie  cun significado semellante

Exemplos *

“Os centros de agronomía do CSIC empregan esta fórmula para poñer en práctica os seus proxectos. Polo de agora algunhas parcelas serán empregadas para tarefas de xardinería, reciclaxe e para as investigacións de grupos de ecoloxía e bioloxía animal.” (C. d. U.: O Correo Galego, 1-5-2002)

“Ademais, se os servizos de bioeliminación da AMTI fosen correctamente estimados e fosen parte dos plans de negocio, estes representarían incentivos para animar a monoacuicultores que cómpre contemplar a AMTI como unha opción de agronomía mariña viable para as súas prácticas actuais.” (Jorge García: Acuicultura multitrófica integrada. Unha alternativa sustentable e de futuro para os cultivos mariños en Galicia, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.