Pedra ou grupo de pedras de figura aguzada que sobresae no mar
Etimoloxía
Termo que bebe do que se recolle no latín vulgar *aquileonem de significado semellante.
Exemplos *
“E daquela todo se volve transparente como nunha revelación súbita , nidio coma a luz do abrente que inflama este acantilado perdido na fin do mundo todo, dende a punta Candelaria ata a punta dos Aguillóns, azul intenso que escorrentou as tebras da noite.” (Ramón Caride: O sangue dos camiños, 2003)
“O faro, xunto co de Estaca de Bares, sinala a entrada á ría de Santa Marta de Ortigueira e avisa os perigosos Aguillóns que emerxen ameazantes ós seus pés.” (Lino Pazos Pérez: Faros de Galicia, 2003)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


