Regalo que se fai polo Nadal ou Ano Novo.
Etimoloxía
Palabra de orixe escura da que se aventura que procede da frase latina hoc in anno 'neste ano' que era o refrán das cancións de ano novo.
Exemplos *
"Bicar era un acto protocolario que, como nas máis das veces viña acompañado de aguinaldo, fixo que o meu interese non deixase casa nin vello sen visitar." (Antón Riveiro Coello: Casas baratas)
"Eran eles os que ao final do acto repartían un aguinaldo de chocolate e figos pasos." (Manuel Rivas: O lapis do carpinteiro)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


