aguzar

Facer máis agudo a punta ou o gume dunha arma, un instrumento de corte ou outro obxecto.

Etimoloxía

Procede da forma do latín vulgar acutiare, derivade de acutus (‘agudo’).

Exemplos *

“Dábaselle ben a arada, porque tiña, como pra aguzar as navallas barbeiras, unha man firme e poderosa que dominaba a rabiza.” (Xosé Fernández Ferreiro: A saga dun afiador)


“As primeiras veces, aínda que eu levaba o meu corno colgado no cinto na parte dereita, cunha pouca auga e, dentro del, unha pedra de aguzar, era o pai quen se preocupaba de que a gadaña tivese corte.” (Afonso Eiré: Eu tamén fun coas vacas)
 

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.