aio, -a

Persoa contratada nunha casa acomodada para ocuparse da crianza, educación e instrución dos fillos

Etimoloxía

Palabra que chega ao idioma desde o gótico *hagja 'garda'.

Exemplos *

“Don Pedro Froilaz, conde de Traba, descende, por vía paterna, de Don Pedro de Men González, que foi aio de El-Rei Afonso V. Criouse Don Pedro, por mor desta circunstancia, a carón dos príncipes de sangue e xunto con eles aprendeu a arte da guerra e da política.” (María Gándara: Magog, 1997)

“A tarde destilaba no seu corazón unha tristeza miúda, sutil, que o trasladaba a rexións remotas onde os días eran tépedos, claros e cheos de nenos con aros, e de nenas randeándose baixo as copas de grandes árbores, vixiadas por aias con longos vestidos de crespón negro.” (Xoán Fuentes Castro: O pescador de cana, 2006)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.