aire

Aire atmosférico en movemento

Etimoloxía

Palabra que vén do latín aer, -ĕris, e este do grego ar ‘aire’, ‘atmosfera’.

Exemplos *

“Porque non vai aire ningún e non hai murmurios. Para reconstruír o valado tal como o fixera meu pai preciso volver outro día no que bata o vento con forza, canto máis mellor. Agora só farei unha ringleira máis para evitar que algunha ovella descarreirada se me esfrague.” (Xosé Mª Lema: Costa do Solpor, 2013)

“É xoves pola tarde e o bulebule das gallas dunha árbore dáme entender que vai aire. Por iso digo que choverá. Porque despois do aire sempre asoma a chuvia.” (Antonio Rivas Delgado: Galicia Dixital, 12-5-2020)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.