Vento suave
Etimoloxía
Palabra derivada por sufixación creada sobre ‘aire’ que procede do latín aer, -ĕris ‘aire’ ou ‘alento’, e este remitiría ao grego aḗr.
Exemplos *
“Anoitecía e refrescara. A airexa era case fría e demasiado molesta para seguir na terraza. Vidal convidouna a cear pero ela non aceptou.” (Anxos Sumai: A lúa da colleita, 2013)
“Levantouse un vento morneiro, unha airexa abafada. –É o vento soán –dixo Xosé–. Vento que vén do seco e do quente.” (Bernardino Graña: Protoevanxeo do neto de Herodes, 2006)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.