alameda

Paseo con xardíns e árbores polas beiras.

Etimoloxía

Deriva de álamo, do cal non hai acordo en canto ao étimo.

Exemplos *

"… botarmos un cigarro paseando pola alameda e falando de política, de fútbol, das nosas relacións amorosas ou do emprego inconfesable dos nosos excedentes libidinosos." (Antón Dobao: Incertos)

"… coma as árbores do paseo da alameda da vila, coma as follas da silveira, coma todas as cousas fermosas." (Paula Mariño Pazó: Na derruba)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.