alampar

Producírense relampos

Etimoloxía

Palabra que se forma coa partícula a- que se lle aplica a “lampo” que significa ‘luz’ que bebía da latina lampare ‘brillar’.

Exemplos *

Polas fírgoas das contras alampaba a luzada dun lóstrego e o trono retumbaba enriba das  tellas.” (Xosé Manuel Martínez Oca: Os chapurros, 1983)

“Pozas e miúdos regueiros xurdiron entre a lama. Alampou un lóstrego. Como se un carro de patacas emborcarse a súa cárrega, a rolar, polo teito do ceu, o trebón retumbou.” (Ricardo Carballo Calero: "As pitas baixo a chúvia", Narrativa Completa, 1984)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.