alarido

Berro forte e agudo que pode expresar dor, medo, rabia etc.

Etimoloxía

Palabra de orixe incerta, pénsase que podería tratarse dunha creación expresiva.

Exemplos *

“Os laios de Guillemette furábanme os ouvidos. Sabía que era ela porque estaba de invitado na súa casa, pero xúroche non recoñecía a súa voz naqueles alaridos de pánico.” (David Conde: Hai santo que non queren ir ao ceo, 2016)

“Algúns dos nosos soldados fuxiron dando alaridos, presos do meirande terror. Os leprosos agarrábanse a eles e non os soltaban, aínda que as espadas caesen unha e outra vez.” (Xosé Miranda: Historia dun paraugas azul, 1991)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.