albanel

Persoa que traballa na construción de edificios ou en calquera tipo de obras en que se empreguen pedras, ladrillos, cemento, area e materiais similares.

Etimoloxía

Procede do árabe al-banna, derivado do verbo bana 'construír'.

Exemplos *

"Pensei de onde puideran saír aqueles cartos, deille volta ós miolos, pensei en miña nai queixándose sempre de que nós non eramos ricos, pensei en meu irmán que sempre sacaba algúns cartos nas vacacións traballando de peón cun albanel veciño …" (Francisco A. Vidal: Os pecados capitais)

"Dous albaneis angolanos tirábanlle o papel de aluminio a senllos bocadillos de chourizo, no fondo do que ían ser os sotos dunha urbanización nas aforas." (Xurxo Borrazás: Costa norte/ZFK)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.